CH Albor e CSA Ourense, campións das Copas Galicia 2023

Entrega de trofeos
Rematada a competición, tivo lugar a cabo a entrega de trofeos e galardóns no campo de Mariñamansa (Ourense).
No acto estiveron presentes: Gabriel Alén, Delegado da Xunta de Galicia; Manuel Pérez, Xefe de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense; e Roberto Baratta, Presidente da FGH.

Entrega de distincións aos máximos goleadores das ligas de Primeira Nacional – Galicia:
Lucía Lamela (Villar Ourense)
David Aguiar (CSA Ourense)

COPA GALICIA FEMININA:
Campión: CH Albor
Subcampión: Villar Ourense
3º posto: At. Coruña HC
4º posto: Atlántico Vigo HC

COPA GALICIA MASCULINA
Campión: CSA Ourense
Subcampión: CH Albor
3º posto: Cidade de Ourense
4º posto: Escola Hockey A Coruña 

Unha fin de semana chea de hóckey, con partidos moi disputados e gran ambiente nas gradas. Parabéns aos campións da Copa Galicia, ao resto de equipos participantes e grazas a tod@s @s árbitros, recogepelotas, membros da mesa, institucións e patrocinadores:
Xunta de Galicia, Deputación de Ourense, Concello de Ourense e Grupo Vila Castro. 

Publicado en Noticias.