O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, sinalou hoxe que os «resultados fantásticos» obtidos nos Xogos Olímpicos e Paralímpicos que se disputaron este verán en París reflicten o gran momento que vive o deporte galego.
Foi na recepción aos 46 deportistas que participaron en ambas as competicións onde o titular do Executivo galego apuntou que logros en competicións deportivas como estas danlle aos competidores e a toda Galicia unha visibilidade mundial. «Sodes un exemplo para todo o mundo, por suposto para a xente nova e, en xeral, para Galicia», afirmou o presidente.
Neste acto, a representación do hóckey galego recaeu no Carlos García Cuenca, seleccionador feminino, e no presidente da Federación Galega de Hóckey, Roberto Baratta.