O CETEGA da Federación Galega celebrará un Curso de Hóckey para profesorado en colaboración co CFR e a Xefatura de Educación da Xunta de Galicia en Ourense.
Esta formación está aberta a todos e todas os docentes e é totalmente gratuito.
Terá lugar no Campo de Mariñamansa de Ourense os días 16, 23, 30 de outubro e 6 de novembro, de 16.00 a 20.00h.
Será impartido por Álvaro Rodriguez Leal, nun curso que combinará sesións breves de teoría na aula do CETEGA e prácticas no propio campo.
Se coñecedes a mestres ou mestras de educación física que podan estar interesados ou interesadas en coñecer o noso deporte decirlles que poden inscribirse cun simple correo electrónico a [email protected]