Xornadas de Hóckey para todos

Presentamos unha nova actividade organizada pola FGH dentro da Fase 2 do Plan Corresponsables, do Goberno de España e a Xunta de Galicia, Deporte Galego.

Trátase dun Xornadas de Hóckey dirixidas a nenos e nenas de entre 6 e 16 anos, tanto para os que xa coñecen o noso deporte como para os que non.

Con estas xornadas trataremos de achegar o hóckey a quen non o coñecen e perfeccionalo naqueles xa iniciados.

Terán lugar en Ourense, no campo de Mariñamansa, durante este mes de setembro en dúas quendas, do 16 ao 20 e do 23 ao 27, en horario de 16:30-19:00H.

Publicado en Noticias.