Albor feminino e Escola masculino Campións Galegos de Hóckey Sala Xuvenil 2024 en Abegondo

O Polideportivo Municipal de Abegondo (A Coruña), acolleu na xornada de onte domingo, o Campionato Galego Xuvenil de Hóckey Sala, masculino e feminino, no que o C.H. Albor Feminino (Ourense) e o Escola H.C. Masculino (A Coruña) alzáronse co título.

As clasificacións do campionato concluíron da seguinte maneira:

Categoría Masculina:

1º Escola H.C.

2º OurenSticks

Categoría Feminina: 

1º C.H. Albor

2º Athletic Coruña

3º OurenSticks

4º Cidade de Ourense

Na entrega de Trofeos e Medallas tivemos a honra de contar coa presenza de Alberto Seoane Brandariz, Tenente de Alcalde de Abegondo, Estibaliz Arrugaeta, Vogal de liña feminina da FGH e Yolanda Casanova, Delegada en Coruña da FGH.

Un torneo máis, con gran asistencia de público que vén confirmar que, cada vez máis, Galicia é Hóckey.

 

 

Publicado en Noticias.