O CETEGA lanza o Curso «Adestramento do lanzamento de arrastre no Penalti Córner»

O CETEGA pon en marcha unha formación técnica específica para xogadores e xogadoras que queiran perfeccionar a ténica de arrastre no lanzamento do penali córner. Non se trata dun curso de iniciación, está pensado para xogadores e xogadoras que xa teñan coñecementos desta técnica, polo que as solicitudes de inscrición serán valoradas polo Equipo Técnico do CETEGA.

Poderán inscribirse os xogadores e xogadoras de todos os clubs federados con licenza en vigor na FGH na Tempada 2023/24.

As inscricións estarán abertas ata o 15 de febreiro. INSCRICIÓNS AQUÍ enviando este breve formulario.

Podes consultar o Programa deste curso facendo CLICK AQUÍ.

Estará impartido por Marcos Vázquez Barbosa, membro do staff de apoyo do CETEGA e, ex xogador de hóckey e especialista neste tipo de lanzamento en todos os equipos nos que xogou ao máximo nivel.

 

Publicado en Noticias.