Carlota Álvarez, con só 16 anos, convocada coa Absoluta de Hóckey Sala

A RFEH acaba de anunciar a convocatoria para a concentración previa da Selección Absoluta de Hóckey Sala que disputará o Campionato de Europa do 8 ao 11 de febreiro en Berlín e nesta lista está a xogadora ourensana.

A xogadora do C.H. Albor, que xa acapara premios como mellor porteira individual en diversos torneos, ve referendado así o seu esforzo e traballo cunha convocatoria internacional coa selección absoluta ás súas tan só 16 anos. 

Haberá que agardar á conclusión desta concentración para saber se Carlota viaxa a Berlín coas que xa son as súas compañeiras da Selección Nacional Absoluta.

Desde a FGH desexámoslle toda a sorte do mundo neste novo reto. 

Consulta a lista completa da convocatoria facendo click aquí.

 

Publicado en Noticias.