Queremos saber que pensas sobre o futuro do hóckey?

As federacións de Andalucía, Asturias, Cantabria e Galicia inician un proceso de consulta ás persoas que forman a comunidade do hóckey dos seus territorios co obxectivo de coñecer o estado do deporte e os retos de futuro que se expoñen.

Esta acción enmárcase no proxecto de desenvolvemento dos plans estratéxicos que a Real Federación Española de Hóckey  impulsa xunto ás federacións territoriais en colaboración coa consultora especializada ITIK Consultoría.

Este proceso realízase a través dunha consulta titulada ‘Enquisa de valoración e retos de futuro do hóckey no teu territorio’. Todas as persoas que forman parte da comunidade do hóckey en Andalucía, Asturias, Cantabria e Galicia están convidados a responder á enquisa. 

O obxectivo da enquisa é coñecer a visión, valoración e expectativas sobre o presente e o futuro do hóckey das persoas que viven o deporte de preto en cada territorio.

Se queres podes responder á Enquisa nesta ligazón: https://form.typeform.com/to/GV1YTvff?typeform-source=rfeh.es

 

 

Publicado en Noticias.