OurenSticks H.C. feminino e Escola H.C. masculino, Campións Galegos Xunvenís de Hóckey Sala

O pasado sábado disputouse no Polideportivo Municipal do Ventorrillo da Coruña o Campionato Galego de Hóckey Sala Xuvenil Masculino e Feminino Xunta de Galicia.

A este torneo chagaban os mellores equipos galegos da categoría tanto masculinos como femininos. 

No campionato masculino resultou campión o clube local do Escola H.C. e segundo o OurenSticks H.C.  Ambos clubes paticiparán cada un no su sector de clasificación para a fase final de Campionato de España, sendo o Escola o anfitrión do seu.

Mentras que no torneo feminino, as campioas foron as rapazas do OurenSticks H.C. e as sub campioas as do Athlétic Coruña. As ourensanas clasifícanse directamente para a fase final do Campionato de España do que serán ademáis anfitrioas. 

Noraboa a todas e a todos.

Galicia é Hóckey!!!

 

 

 

 

 

Publicado en Noticias.