Verín acollerá este domingo o Campionato Galego de Hóckey Sala Senior de 2ª División

O H.C. Verín e a Federación Galega organizan o Campionato Galego de Hóckey Sala Senior Masculino de 2ª División Xunta de Galicia, que terá lugar o domingo 25 de Xaneiro no polideportivo municipal de Verín.

Unha cita a que acoden os seguintes equipos:

  • H.C. Verín.
  • Barrocás C.H.
  • OurenSticks H.C.
  • Marinenses H.C.

A vila do Támega poderá presenciar, con entrada gratuíta, este campionato, no que os partidos darán comezo ás 09:00h e o partido Final está previsto para as 13:15h. 

Moita sorte a todos.

Galicia é Hóckey!!!

 

 

 

 

 

 

Publicado en Noticias.