O clube anfitrión do Campionato Galego de Hóckey Sala Senior Masculino de 2ª División Xunta de Galicia, que se celebrou onte no polideportivo municipal de Verín, alzouse co primeiro posto do torneo.
Este campionato, que celebrou este ano a súa primeira edición, caiu do lado do H.C. Verín desoís dunha axustadísima final fronte ao Barrocás C.H., que se decidiu tras unha numerosa tanda de shoot outs.
Así quedou a clasificación final:
1º H.C. Verín.
2º Barrocás C.H.
3º OurenSticks H.C.
4º Marinenses H.C.
Tras da final celebrouse a cerimonia de entrega de trofeos e medallas que contou coa presenza dos concelleiros do Concello de Verín, Puri Caldelas e Eugenio Quintas, e do presidente da Federación Galega de Hockey, Roberto Bartta.
Noraboa a todos.
Galicia é Hóckey!!!