Do 27 ao 31 de outubro, Ourense recibirá máis de 70 persoas, xogadores e corpo técnico das Seleccións españolas de hóckey herba absoluta e Sub21. Permanecerán na nosa cidade durante 5 días realizando un SuperCamp ou Stage, nas renovadas instalacións de Mariñamansa, que contan cunha nova superficie de xogo e melloras nos seus equipamentos. Este é un factor determinante para a elección de Ourense como sede desta concentración da selección nacional.
Este evento é especialmente relevante xa que supón a estrea de Max Caldas, como novo seleccionador español de hóckey herba masculino. En Ourense iníciase a preparación dun novo ciclo olímpico (Paris 2024), denominado “Road to Paris”, para a clasificación de España para esta cita tan importante.
Os próximos obxectivos das seleccións nacionais son a FIH Prol League e o Pre-Europeo de 2022 para a selección absoluta, e a Sub21 disputará o próximo Campionato do mundo, do 24 de novembro ao 5 de decembro na India.
Está previsto un amplo programa de actividades durante a súa estadía en Ourense.