Ourense despide ás seleccións nacionais de hóceky herba


Logo de 5 días de intenso traballo dentro e fóra do campo de xogo, as seleccións nacionais absoluta e sub 21 masculinas deixaron Ourense logo do SuperCamp preparatorio para Paris 2024.

O novo seleccionador Max Caldas, corpos técnicos, Staff da RFEH e xogadores, alabaron as novas instalacións de Mariñamansa, cun campo de xogo con certificación FIH. O Stage foi un éxito organizativo, e os encontros preparatorios contaron con numerosa presenza de público nas gradas de Mariñamansa.

No encontro disputado o domingo 31 de octubre, realizouse o acto oficial de inauguración das novas instalacións, coa presenza das autoridades locais e autonómicas. Tamén se anunciou a celebración do Pre-Europeo de seleccións absolutas masculinas en Ourense, no mes de agosto de 2022. Un campionato de moi alto nivel a nivel internacional, que supón un importante reto para o hóckey galego.

Presentación «Road to Paris»

O venres 29 de outubro, no auditorio municipal de Ourense, tivo o acto de presentación do programa «Road to Paris», que levará a selección nacional ata as Olimpiadas de Paris 2024.

Interviron no acto:
Santiago Deó. Presidente RFEH
Alberto Estévez. Presidente FGH
Pablo Sánchez. Director Área Deportiva RFEH
Max Caldas. Seleccionador Absoluto Masculino
Bernardino González. Deportes. Diputación Ourense
Jesús Mardaras. Consejo Superior de Deportes
José Ramón Lete. Secretario Xeral para o Deporte Xunta de Galicia
Alejandro Blanco. Presidente Comité Olímpico Español
Gonzalo Pérez Jácome. Alcalde de Ourense

Publicado en Noticias.