Tras a correspondente convocatoria e difusión dos cursos, finalizou o período de inscripción e a corrección de defectos nas documentacións. Con data 10 maio de 2021, emítense as resolucións en canto a admitidos/as e as cantidades bonificadas en cada solicitude.
Cabe destacar o esforzo en bonificacións aos colectivos especiais como menores de idade, técnicos, adestradores do CeTeGa, seleccionadores, persoal da FGH e outros; aprobadas o pasado dia 8 de maio pola Comisión Xestora por un importe de mais de 6.500€ en reducións de custos de matricula, co obxecto de fe recompensar aos colectivos máis implicados.