A Fase de sector para o Campionato de España Infantil Hóckey Sala terá lugar no Polideportivo de Oira (Ourense), os días 8 e 9 de maio. Logo do campionato galego, chega esta fase clasificatoria onde participan 2 equipos galegos: Santo Cristo e Escola HC.
Buscarán algunha das 2 plazas que levarán aos equipos á Fase Final de Valencia. Xunto aos equipos galegos, tamén estarán competindo os clubs: RGC Covadonga (Xixón), Lloberu HC (Xixón) e DXT Madrid Sur.
Podedes consultar o calendario de partidos e seguilos online, desde a web da RFEH.
Este Torneo está sometido a limitacións de aforo e á aplicación dos protocolos anti-Covid pertinentes.