Conta atrás para o Campionato de España de Hóckey Sala

Esta mañá, no salón de plenos do Concello de Ourense, foi presentado oficialmente o Campionato de España de Hóckey Sala Sénior Masculino, que terá lugar do 6 ao 8 de febreiro, no Anexo do Pavillón dos Remedios.

No acto de presentación estiveron presentes Jaime Amorín, Presidente do C.H. Barrocás, Carlos Bericat, de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense, Enrique Álvarez, responsable de deportes da Deputación de Ourense e Aníbal Pereira, Tenente de Alcalde e Concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, e Fran Masid, en representación da FGH.

O Campionato está organizado polo C.H. Barrocás coa co-organización da Federación Galega de Hóckey.

No Anexo dos Remedios, daranse cita os 8 mellores equipos de España e entre eles, o anfitrión, o Club Hockey Barrocás.

Os horarios poderánse consultar na web de RFEH e da FGH, ademáis das redes sociais do C.H. Barrocás, nas que tamén se poderán ver os seus partidos na súa . 

 

Publicado en Noticias.