A Federación Galega de Hóckey en colaboración co Servizo de Deportes da Xunta de Galicia, a Xefatura de Educación e CEFORE organizaron en Vigo un curso de iniciación ao Hóckey no que participaron 18 profesores de Educación Física.
Esta iniciativa encádrase dentro do Plan Colexios que pretende a introdución do Hóckey en idade escolar nos centros educativos. O Plan estase a implementar en 15 colexios de toda Galicia con magníficos resultados.