Gran experiencia a vivida polas nosas seleccións feminina e masculina Sub18

Os pasados días as seleccións galegas feminina e masculina Sub18 participaron en Terrassa no Campionato de España de Hockey Herba.

Un campionato que se disputou nas instalacións do Athletic Terrassa Hockey Club.

Os resultados dos rapaces da masculina foron: Galicia 1 – 2 Asturias / Euskadi 6 – 1 Galicia / Cantabria 3 – 2 Galicia / Valencia 7 – 0 Galicia. Quedando polo tanto en 8ª posición.

E as rapazas acadaron un meritorio 5º posto cos seguintes resultados: Galicia 2 – 0 Andalucía / Galicia 0 – 5 Cantabria / Asturias 1 – 2 Galicia / Galicia 2 – 1 Andalucía.

Noraboa ás seleccións catalanas que resultaron Campionas tanto feminina como masculina.

Grazas aos mozos e mozas e ao staff da federación pola vosa participación en por deixar ben representada a Galicia neste campionato.

 
 

 

 

Publicado en Noticias.