Plan Concellos: acordo co Concello de Padrón para a creación dunha nova Escola

#Hockeytízate: Acordo de colaboración entre a FGH, Concello de Padrón e o Club Santo Domingo.

O Concello de Padrón sentou as bases para a creación dunha Escola de Hockey, xunto a dous ex-xogadores da vila e co apoio da
Federación Galega de Hockey. O obxectivo é ofrecer un novo deporte aos nenos e nenas padroneses. A iniciativa xurdiu tras poñerse en contacto un grupo de afeccionados de Padrón e a Federación Galega.

A tradición deste deporte na vila remontase a 1976, cando se fundou o equipo Santo Domingo, que tras varias décadas de éxitos competitivos autonómicos deixou de xogar durante catro anos. Agora, Óscar Mozas e Rodrigo Casal retoman a ilusión por este deporte. A finalidade é fomentar esta actividade dende a base, e que os nenos e nenas teñan alternativas aos deportes maioritarios, e a partir deste xogo poñer en valor a amizade, a igualdade e o compañeirismo.

Desde a enténdese que “esta actuación cos Concellos enmárcase dentro do Plan Concellos, co que se pretende incentivar e promocionar o noso deporte, para que sexa máis coñecido e para que nos lugares nos que xa se xoga poidan mellorar e perfeccionarse”.

O Concelleiro de Deportes, Ángel Rodríguez, mostrou a súa satisfacción por iniciar esta colaboración e destacou “o importante que é para Padrón que xurdan iniciativas coma esta para dinamizar a vila e presentar unha oferta máis ampla de ocio e deporte para as novas xeracións”.
As clases de hockey terán lugar no Polideportivo do Souto e poden inscribirse nenos e nenas de idades comprendidas entre os 5 e 14 anos. A data de inicio aínda está por determinar.

Publicado en Noticias.