¿Que é o Plan Concellos?
O Plan Concellos responde o desenrolo dunha das liñas do Plan Impacto da FGH para o desenrolo do hóckey en Galicia, promoción da súa práctica, e captación de xogadores, familias, público, intereses, patrocinadores e apoio institucional e social.
O Plan ten básicamente tres obxectos de actuación:
- Uso de instalacións deportivas para a práctica do hóckey herba e sala.
- Colaboración, xestión e investimentos, reformas e adaptacións en instalacións deportivas e material para a práctica do hóckey
- Creación e desenrolo de Escolas Deportivas Municipais.
¿En qué consiste?
O Plan Concellos se formaliza cun acordo entre partes, a proposta da FGH, e en colaboración co Concello interesado. Pode tratarse dun acordo a tres partes cando hai un club, rexistrado na FGH, que desexe asumir a xestión deportiva do acordo.
Estes acordos son específicos en cada caso e terán a validez e condicións especificas acordadas para cada actuación.
¿Quén participa?
O Plan está dirixido a calquer Concello galego interesado en incorporar ou mellorar a implantación e desenrolo do hóckey herba e sala na súa oferta deportiva.
Asemade, está dirixido a tódolos clubs que desexen implantar, extender ou mellorar as súas escolas.
Os Concellos que colaboran coa FGH neste 2020, pódense consultar no Plan Concellos.