O pasado martes 30 de xaneiro, no Teatro Jofre de Ferrol, a Xunta de Galicia facía entrega das Medallas ao Mérito Deportivo 2024.
Entre os homenaxeados, de todas as disciplinas deportivas da nosa comunidade, foron distinguidos con este galardón tres persoas do Hóckey galego. Persoas que dedicaron a súa vida ao noso deporte e aos que, desde aquí, a Federación Galega de Hóckey dá o seu máis sincero parabén.
Así, Pilar Pardo, da Coruña, Abelardo Barbosa, de Ourense, e Federico Tapias, de Vigo, recibiron a máxima homenaxe institucional que se pode alcanzar no ámbito deportivo de Galicia.