O C.H. Albor xuvenil feminino clasificado para o Campionato de España de Hóckey Sala

Sorte dispar para os equipos xuvenís que disputaron a pasada fin de semana os correspondentes sectores de clasificación para as finais do Campionato de España de Hóckey Sala.

En Amoeiro (Ourense), onde participaban as mozas de C.H. Albor e do OurenSticks, foron as primeiras as que acadaron o primeiro posto do sector, conseguindo así unha praza na Final a 8 que terá lugar en Terrassa do 16 ao 18 de febreiro. Mentres que as mozas do OurenSticks acabaron a súa participación en cuarto lugar.

Mentres tanto, en categoría masculina, os nosos equipos participaron en 2 sectores. Por unha banda, o Escola H.C. acudía a Cantabria para loitar por unha praza na final, que non pudo alcanzar, ao terminar o sector en 4º posto. Por outro, os mozos do OurenSticks viaxaban ao sector celebrado en Alcalá, onde conseguiron un importante terceiro posto.

Galicia tivo un papel moi importante no Hóckey Salga Xuvenil 2024, que se ve referendado coa representación na Final Feminina grazas ás rapazas do C.H. Albor.

Moita sorte!!!

Publicado en Noticias.