Escola Masculino e OurenSticks Feminino, Campións Galegos de Sala

O sábado, no Polideportivo do Ventorrillo, na Coruña, disputouse o Campionato Galego de Hóckey Sala Xuvenil Xunta de Galicia.

Unha xornada na que se enfrontaron 3 clubs no cadro masculino: Barrocás C.H., Escola H.C. e OurenSticks; e outros 3 no feminino: OurenSticks, Atlántico e Athlétic Coruña.

Tras a disputa dos partidos do campionato masculino, o Escola H.C. alzouse co primeiro posto, e clasificouse de forma directa para o Campionato de España, no que ademais xogará como anfitrión, ao acoller a celebración do mesmo A Coruña do 21 ao 23 de febreiro. O segundo clasificado, OurenSticks, acudirá ao sector previo que se celebra en Asturias do 8 ao 9 de febreiro.

Mentres, no campionato feminino, o OurenSticks obtivo unha praza no sector que terá lugar en Ourense tamén do 8 ao 9 de febreiro.

Moita sorte a todos e a todas.

Galicia é Hóckey.

 

Publicado en Noticias.