Barrocás e CSA masculinos e OurenSticks en femininio disputarán a Fase Final do Campionato de España de Hóckey Sala Absoluto

Galicia estará representada por 3 equipos na Fase Final do Campionato de España de Hóckey Sala, tanto en categoría masculina, co Barrocás e o CSA, como en feminina, co a clasificación do OurenSticks.

O C.H. Barrocás obtivo o pase a estas final grazas ao primeiro debido a que obtivo no sector disputado a pasada fin de semana en Ourense no que actuaba como anfitrión. 

Pola súa banda, os mozos do CSA chegan á fase final tras a súa importantísimo primeiro posto no sector celebrado en Santander.

Reseñable a participación dos nosos equipos en senllos sectores de clasificación nos que lamentablemente non conseguiron un posto para a Fase Final a pesar de competir a bo nivel, como o OurenSticks e Albor masculinso, que alcanzaron o 4º posto nos seus sectores, ou o Hércules, 3º no seu.

E no lado das mozas, outra gran noticia ofrecíanola o OurenSticks ao acabar o sector disputado en Santander nun importatísimo 2º debido a que lle daba a clasificación para a Fase Final Feminina do Campionato de España.

Moitísima sorte a todos e a todas.

Publicado en Noticias.