Deputación de Ourense e Xunta de Galicia visitan á selección feminina na súa segunda xornada de “stage”

A segunda xornada das #redsticks en Ourense incluiu dous adestramentos, de mañá e de tarde, e, ademais, a primeira das visitas institucionais.

Visita que recibiron no propio campo de hóckey de Mariñamansa, onde tanto xogadoras como corpo técnico compartiron palabras con Luis Menor, presidente da Deputación de Ourense, que acudiu acompañado do asesor de deportes do goberno provincial, Enrique Álvarez.

Tamén acudiu a dar a benvida á selección o xefe do servizo de deportes da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pérez.

O presidente da Federación Galega de Hóckey, Roberto Baratta, acompañou ás autoridades durante a súa visita.

Todos coincidiron en destacar a importancia de que as #redsticks escollesen Ourense para esta concentración previa á súa participación nos xogos, tanto para a cidade como para o hóckey galego.

 

Publicado en Noticias.