Mércores, terceiro día de estancia en Ourense da selección femenina olímpica de hóckey herba.
A mañana comezóu para as nosas mozas cun adestramento despois do que acudiron á recepción oficial no Concello de Ourense, onde foron recibidas polo goberno municipal, encabezado polo Alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, ao que acompañaron o Tenente de Alcade, Aníbal Pereira, e o asesor municipal de deportes, Chuchi Hidalgo. Tamén estivo presente Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense.
Á visita acudiron as xogadoras xunto con todo o corpo técnico, e estivieron arroupadas polo Presidente da Real Federación Española de Hockey, Santiago Deó, e o Vicepresidente da Federación Galega de Hóckey, Francisco Masid.
No acto, o alcalde e o resto de autoridades, destacaron a súa satisfacción pola presenza da selección na cidade de Ourense e lles desexou toda a sorte do mundo na súa próxima cita olímpica.
As #RedSticks agárdalles unha tarde completa, con adestramento ás 17:00h e o primero partido contra Francia ás 18:00h. Todo no campo de Mariñamansa.