Convenio de colaboración da RFEH e FGH co CeTeGa

A Federación Galega de Hóckey e a Real Federación Española de Hóckey, chegaron a un acordo de colaboración co CeTeGa (Centro de Tecnificación de Galicia). Un CeTeGa que naceu coa intención de que os mozos xogadores con proxección nacional e/o internacional recibisen adestramentos específicos para mellorar as súas calidades técnicas. Un centro que ten a súa sede en Ourense, aínda que dispón de dúas subsedes na Coruña e Vigo.

O acordo permitirá aliñar a planificación deportiva, e colaborar na selección dos deportistas integrantes, que levará a cabo polos técnicos designados de común acordo pola Dirección Técnica da RFEH e a Dirección do CeTeGa.

Así mesmo, habilitaranse visitas periódicas dos seleccionadores nacionais ou membros da estrutura deportiva da RFEH co fin de coordinar, unificar e supervisar os criterios de adestramento tentando respectar as necesidades das seleccións nacionais e de comprobar a evolución dos xogadores previamente seleccionados.

Un acordo importante na procura de seguir fomentando a cultura do alto rendemento en todos os mozos que practican o hóckey e naqueles que o estean iniciando ou o poidan facer no futuro.

Publicado en Noticias.