Escola provincial de hóckey – Pazo dos Deportes

Comeza unha nova ESCOLA DE INICIACIÓN e primeiros pasos para nen@s de 8 a 12 anos, no Pazo dos Deportes, en colaboración coa Deputación de Ourense. Con esta iniciativa, o deporte do hóckey estará presente nas «PazoEscolas Deportivas 2022», co obxectivo de seguir promocionando o noso deporte en tódolos ámbitos posibles.

HORARIO: Luns e mércores, de 19 a 20h.

INSCRICIÓNS
Para formalizar a matrícula das PazoEscolas Deportivas, as persoas interesadas poden descargar o formulario de inscrición desde internet (www.pazopacopaz.es) e entregalo na recepción do pavillón de deportes da Deputación.
Información no Pazo dos Deportes (presencialmente), no teléfono: 988 317 900 ou no mail: deportes@depourense.es

Publicado en Noticias.