Campionato Galego Cadete Hóckey Sala

O domingo 5 de decembro celebrarase o Campionato galego cadete, nas categorías Mixto e Feminino, no Polideportivo Novo Mesoiro (a Coruña). A competición terá lugar en xornadas de mañán e tarde, con 4 equipos participantes por categoría.

A organización do campionato corresponde ao club Athletic Coruña HC, e coa colaboración do Concello da Coruña.
– Tedes os calendarios dos partidos na nosa web.
– Podedes seguir os partidos no Match Center da FGH.

Publicado en Noticias.