Villar Ourense e Escola HC, Campións galegos cadetes de hóckey sala

O domingo 5 de decembro celebráronse no Polideportivo Novo Mesoiro, na Coruña, os campionatos cadetes de hóckey sala, nas categorías Mixto e Feminino.

O palmarés final foi o seguinte:
CADETE MIXTO:
1º Escola HC
2º Cidade de Ourense
3º CH Barrocás
*O primeiro clasificado acudirá ao Sector nº3 en Santander.

CADETE FEMININO:
1º Villar Ourense
2º Escola HC
3º Athletic Coruña HC
*Os 2 primeiros clasificados disputarán o Sector en Galicia.

Na entrega de trofeos estiveron presentes Mónica Martinez, Concelleira de Deportes do Concello da Coruña; Yolanda Casanova, delegada da FGH na Coruña e Javier Valencia, Director Técnico da FGH.

Publicado en Noticias.