O Centro de Tecnificación de Galicia da Federación Galega de Hóckey ven de por en marcha o Plan Colexios 2023 que levará a iniciación ó hóckey a máis de 15 colexios das provincias de Ourense, Vigo e Pontevedra.
Con este plan, tras o éxito do piloto do pasado ano, inclúese o hóckey no plan formativo de Educación Física de Primaria e Secundaria coa colaboración dos docentes e monitores do CeTeGA nos distintos colexios.
Estes nenos e nenas terán o seu primeiro contacto con noso deporte no seu ámbito escolar, en tres etapas no curso escolar en outubro, febreiro e maio, culminando cada ronda con concentracións nas que os diferentes colexios participantes compartirán cunha xornada de hóckey nas instalacións especificas para este deporte en cada cidade.
Paralelamente, iníciase un programa de formación de profesores de educación física na especialidade de hóckey nos CEFORE (Centro de Formación e Recursos) en colaboración coa Consellaría de Educación e a Secretaria Xeral para o Deporte.»