O próximo 8 de Septembro, a Selección Femenina Sub-14 será recibida por José Ramón Lete Lasa, Secretario Xeral para o Deporte, da Xunta de Galicia. O acto terá lugar no edificio da «Casa de Chocolate», sede administrativa da Xunta de Galicia.
Esta recepción estaba pendente, e ven a recoñecer de novo o gran logro acadado polas xogadoras da Selección galega Sub-14, que se proclamaron Campeonas de España na competición celebrada no mes de febreiro de 2020.
Lembrar, que a RFEH adxudicou a Galicia a celebración do Campeonato de España de Selecciones Autonómicas Hockey Hierba Sub14 Femenina e Masculina. Se as condicións sanitarias e administrativas o permiten, as datas da competición serán do 26 ao 28 de febreiro de 2021.
Comisión Gestora FGH.