Logo FGH

A FGH estrea nova imaxe corporativa e redes sociais

Plan IMPACTO Federación Galega de Hóckey. Presentación da nova imaxe corporativa.

A Federación Galega de Hóckey, dentro do Plan Impacto 2020-22 de promoción e divulgación do hóckey herba e sala, lanza a súa nova imaxe corporativa, redeseñando o seu logotipo e marca, reorientando a súa presenza en Redes Sociais.

Esta modernización de imaxe, exprésase na adaptación ás novas canles de comunicación, así como aos mecanismos de seguimento e difusión do deporte do Hóckey en Galicia.

Estreamos contas nas principais redes sociais, onde farase unha forte labor de comunicación para a promoción do Hóckey galego.

Páxina de Facebook: www.facebook.com/federaciongalegahockey/

Perfil de Instagram: www.instagram.com/fedgallegahockey/

Canal de Youtube: www.youtube.com/channel/UCNLfbFrJqddVYithUjsjS8A

Este lanzamento pretende mellorar o posicionamento de marca da FGH, desenvolvendo unha maior presenza en medios e redes sociais, incorporando un deseño continuista pero actualizado. Máis adaptado ás novas plataformas e á identificación da Federación Galega de Hóckey coas súas raíces, a súa misión e a súa vocación de cambio e proxección.

Moitas grazas a BeDo creativos por entender desde o comezo o que precisábamos e pola súa gran colaboración. Gran traballo!!

 

Comisión Gestora FGH

Publicado en Noticias.