Xurxo Cid e Manu Prol, coa Selección Española de Hóckey Sala

Os xogadores galegos Xurxo Cid (CH Barrocás, Ourense) e Manu Prol (Sanse Complutense, Madrid) veñen de ser convocados nunha preselección da Selección Española de Hóckey Sala, de 14 xogadores. Acudirán a unha concentración a comezos de xaneiro de 2022, e de ahí sairán os 12 xogadores definitivos que disputarán con España o «EuroHockey Men´s Indoor Championships II», que terá lugar en Paredes (Portugal) do 14 ao 16 de xaneiro de 2022.

Un importante hito para o hóckey galego, que contará con 3 representantes no combinado nacional, ao sumarlle a presencia do técnico galego Roberto Oliveira no Staff Técnico da Selección Española.

¡¡GALICIA É HÓCKEY!!

 

Noticia oficial na web da RFEH neste enlace.

 

 

Publicado en Noticias.