Visita a Ourense da Selección española masculina de hóckey herba

Do 28 ao 31 de outubro de 2021, Ourense será o centro do hóckey nacional co Stage da Selección Española masculina de hóckey herba. Coas renovadas instalacións de Mariñamansa xa rematadas, o combinado nacional absoluto e o Sub-21 visitarán a cidade ourensán durante 4 días, onde realizarán adestramentos e 3 partidos de preparación.

Esta concentración ten moita relevancia xa que será a estrea de Max Caldas como seleccionador nacional e con él o seu renovado staff técnico. Unha etapa  que comeza de cara a un novo ciclo olímpico, coa vista posta en París 2024.

Aproveitando a visita, levaranse a cabo moitas actividades paralelas: visitas e actos institucionais, Seminario técnico con adestradores, Clinic con xogadores, photocall, etc. Técnicos, voluntarios e servizo médico da A FGH formarán parte do organigrama organizativo e as arbitraxes faranse con colexiados galegos. Os partidos a celebrar en Mariñamansaserán emitidos en streaming, pola canle de Youtube da FGH. 

Agradecer ás institucións públicas o seu apoio para poder levar a cabo este Stage tan importante, e que servirá para promocionar aínda máis o noso deporte a nivel autonómico. Tamén cabe a posibilidade de que algún xogador galego esté presente nesta concentración, o cal sería un feito moi relevante. Estaremos moi atentos á convocatoria. 

Publicado en Noticias.