SUSPENSIÓN DE TODAS AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS AO AIRE LIBRE NA TARDE DO MÉRCORES 14 DE MARZO DE 2018 EN TODA GALICIA

Comunicado do 14 de marzo de 2018 da Secretaría Xeral para o Deporte sobre as actividades deportivas ao aire libre en instalacións deportivas en Galicia.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia no día de hoxe activou a alerta por un episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos para Galicia, tipoloxía de vento, indicando que se adopten as medidas preventivas necesarias.

No caso dos ventos, agárdanse refachos de mais de 100 km/h que afectará a A Coruña, Lugo (A Mariña, Centro e Montaña), Pontevedra (Rías Baixas, Miño e Interior) e Ourense (Sur, Noroeste e Montaña), esperándose que dea comezo a partir das primeiras horas do mércores, 14 de marzo de 2018 e prolongándose ata a tarde/noite do mesmo día 14.

Á vista desta situación, desde esta Secretaría Xeral para o Deporte INSTASE Á SUSPENSIÓN DE TODAS AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS AO AIRE LIBRE NA TARDE DO MÉRCORES 14 DE MARZO DE 2018 EN TODA GALICIA.

Esta decisión tómase como medida de precaución, en base á predición feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómeno meteorolóxico adverso de vento e choivas a partir primeiras horas do mércores 14 de marzo de 2018.

A Secretaría Xeral para o Deporte pretende deste xeito preservar a seguridade dos deportistas, adestradores, árbitros ou xuíces, afeccionados, operarios e garantir que non se produza incidencia algunha nas instalacións.
No caso de precisar información máis puntual ou detallada, chame ao CENTRO INTEGRADO DE ATENCIÓN DE EMERXENCIAS 112 GALICIA, ou consulte a páxina web da AEMET: www.aemet.es., do CAE 112: www.axega112.gal e de Meteogalicia: www.meteogalicia.es

[wpdm_button_template id=1179 style=»lightblue» align=»center»]

Publicado en Noticias.