Publicados xa os documentos do Staff CeTeGa e do Regulamento Interno CeTeGa para a tempada 21/22, que guiarán o traballo a sesenvolver na próxima tempada en Galicia.
Aproveitamos a ocasión para dar as GRAZAS de novo, e nunca suficiente, a todos os técnicos implicados a súa disposición e voluntariado para esta extraordinaria e valiosísima labor. A esta magnifica lista de técnicos, encabezada por José Brasa como asesor nesta tempada 21/22, uniránselle outros técnicos de apoio novos, que ocupan ou ocuparán tarefas de adestrador/a nos seus clubs nun futuro próximo.
O espírito e misión do CeTeGa é ben coñecido xa por todos, pero é conveniente aclarar algún punto relevante: a asistencia ás sesións do CeTeGa ten carácter voluntario e ten un custo mínimo, reflectido na circular da FGH oportuna, pero que debe existir para poder sufragar nunha mínima parte as actividades realizadas.
Nesta nova tempada contaremos cunha nova sede e instalacións: oficina e aula de formación, medios audiovisuais, vídeo analisis con cámara fixa e materiais de primeira calidade para adestramentos. Unha das grandes aportacións técnicas será a ferramenta de videoanálisis grazas a un acordo con NACSport, acompañada de xornadas de formacións aos técnicos que o soliciten, e que poderán incorporar estas habilidades de inmediato aos seus adestramentos e partidos.
Na actual remodelación do campo de Mariñamansa inclúese a localización dunha cámara táctica fixa na torre de grabación, dispoñible para todos, non só para o CeTeGa. Por iso animámosvos aos clubs para aproveitar o acordo con NACSport para realizar cursos de adestradores e adquirir licenzas do software con condicións especiais. Solicitade mais informacion en [email protected]
Todo esto encádrase na liña de traballo para conquerir o recoñecemento da Xunta de Galicia como Núcleo de Adestramento Especializado, (xa solicitado pola FGH), e que é un paso previo para poder converterse nun CAR (Centro de Alto rendemento) a todos os efectos.
PLANIFICACIÓN XERAL máis inmediata do CeTeGa:
18 e 19 Setembro: visita Asturias Sub18 Masculino e Feminino Sub18 feminina. En agosto enviaranse as convocatorias para os adestramentos CeTeGa Sub18 Masculino e Feminino, nas cidades de Ourense e A Coruña. No mes de setembro realizaranse as convocatorias finais.
CALENDARIO da RFEH:
Autonómico SUB18: 28 Outubro ao 1 Novembro 2021 (Valencia)
Autonómico SUB14: 4 ao 6 Marzo Aragón (Zaragoza)
Autonómico SUB16: 24 ao 27 Marzo Andalucía ( Benalmadena- Malaga)
Por suposto, unha vez iniciada a tempada, planificaranse as correspondentes sesións do CeTeGa de todas as categorías, tanto localmente (Ourense, Vigo e Coruña) como as posteriores concentracións autonómicas en Ourense en función dos calendarios.