A Xunta Directiva da FGH ven de aprobar o Staff, así como actualización do regulamento de réxime interno do CeTeGa para o ano 2023.
No organigrama aprobado, existen algunhas vacantes para as que se abre un período de consultas, onde aqueles interesados/as que o consideren poderán manifestar o seu interese, e comunicalo á FGH.
As vacantes abertas son:
– Team Manager: novo rol de xestión, con estas tarefas:
Coordinación e xestión de documentación das seleccións: permisos, fichas, licencias…en coordinación con Competición.
Coordinación cos xefes de expedición/equipo o papeleo administrativo
Xestión de viaxes coas axencias, plans de viaxe, organización, horarios.
Coordinación con Loxística e Material as necesidades dos equipos e centro CeTeGa.
Xestións de temas externos (fóra da parte técnica) en relación ao CeTeGa.
Disponibilade para viaxar (de ser preciso) como Xefe Expedición das seleccións autonómicas.
– Adestrador/a de porteiros/as: persona con acreditación de técnico, con polo menos o Nivel I.
Os interesados/as nestes postos do Staff, deben contactar vía mail: [email protected]
Antes do 15 Xaneiro de 2023.
CONSULTA DE DOCUMENTOS:
Regulamento interno CeTeGa 2023