As seleccións galegas Sub18 de hóckey herba acadaron o sexto posto (ámbalas dúas) nos Campionatos de España de seleccións autonómicas, que tiveron lugar en Somontes (Madrid), do 29 de outubro ao 1 de novembro de 2022.
O combinado feminino acadou nos partidos de grupo un empate contra Cantabria e logo sendas derrotas cos equipos de Cataluña e Valencia. Na disputa dos partidos do 5º ao 8º posto, acadaron una victoria por 2 a 1 contra Asturias e no partido final, derrota por de novo por 2-1 contra o equipo valenciano.
O equipo galego masculino rematou a fase de grupos con 3 derrotas, e nos partidos de clasificación, lograron unha victoria contra Valencia por 2 a 1. Xa no encontro polo 5º-6º posto, a victoria foi para o combinado da comunidade de Cantabria, que venceu aos nosos por un craro 3 a 0.
Unha boa experiencia competitiva dos xogadores/as galegos/as, coa participación nun Campionato a nivel nacional, e que seguen a sumar na súa formación técnica. Parabéns polo esforzo e polos bos momentos de hóckey.