Hoxe martes 17 de xaneiro, tivo lugar na Coruña a presentación oficial do Campionato galego de hóckey sala, nas categorías sénior masculina e feminina. A competición terá lugar de maneira simultánea, os días 21 e 22 de xaneiro, no polideportivo do Ventorrillo e no Pazo dos Deportes de Riazor.
No acto estivo presente a concelleira de Comercio do Concello de A Coruña, Diana Cabanas, o Presidente da FGH, Roberto Baratta, e Mario Pais, representante de Autocares Fondo, patrocinador principal do evento.
Está prevista a participación de máis de 200 deportistas e adestradores. Asistirán os sete mellores equipos masculinos e os cinco mellores femininos de Galicia. Os equipos masculinos que participarán serán: CH Barrocás, CH Albor, Escola Hockey Coruña, CSA Ourense, Gimnástico Cudeiro, Athletic Coruña e CH Albor 1981. Na categoría feminina estarán: Villar Ourense, Atlántico Vigo, Athletic Coruña, Escola A Coruña 2016 e Escola Galicia Sport.
Os encontros comezarán o sábado ás 10.00 horas en ambos recintos e as finais serán o domingo ás 12.30 horas a feminina e ás 13.40 horas a masculina no Pazo dos Deportes de Riazor. Podedes consultar o calendario e seguir os resultados online no «Match center» da nosa web.