O luns 9 de maio tivo lugar a presentación da FINAL a 4 da Copa Galicia 2022 de hóckey herba. Os 4 primeiros clasificados, en categoría sénior masculina e feminina, disputarán este Torneo os próximos 14 e 15 de maio no campo de Mariñamansa.
Asistiron á presentación Gabriel Alén (Delegado da Xunta en Ourense), Rosendo Fernández (Vicepresidente da Deputación Provincial), Mario Guede (Concelleiro de Deportes do Concello de Ourense), Alberto Estévez, Presidente da Comisión Xestora da FGH e Julio Vila, de Grupo Vila Castro. Agradecer o apoio das diferentes instituciones públicas representadas e tamén ao patrocinador oficial de Copa Galicia, VILA CASTRO Asesores.