Presentación institucional do Campionato de España de seleccións autonómicas sub 14, masculino e femenino, no Salón de Plenos do Concello de Ourense.
Asistiron ao acto (de esquerda a dereita): Manuel Pérez, Jefe Servicio Secretaria Xeral Deportes Xunta en Ourense; Gonzalo Pérez Jácome, alcalde do Concello de Ourense e Alberto Estévez, Presidente da Comisión Xestora da FGH.
Unha competición que traerá a Ourense as seleccións autonómicas sub14 de Asturias, Aragón, Comunidad Valenciana, Andalucía e Galicia.
Celebrarase no campo de Mariñamansa, do 26 ao 28 de febreiro, e lembramos que será sen acceso do público.
Os partidos das seleccións galegas e os da xornada do domingo, poderán verse por streaming na canle de Youtube da FGH.
Presentación Campionato de España seleccións autonómicas sub14
Publicado en Noticias.