Esta fin de semana dispútase en Ourense o Campionato Galego de Hóckey Sala Masculino e Feminino Sénior.
Un torneo que o ano pasado tivera A Coruña coma escenario, e que chega á capital das Burgas con dúas sedes, unha pista principal no Anexo do Pavillón dos Remedios e otra secundaria no Polideportivo de Oira.
As fináis terán lugar o domingo 14 no Anexo dos Remedios a partir das 11:20h.
Este campionato é clasificatorio para as semifinais nacionais que se disputarán do 19 ao 21 de xaneiro no Pazo dos Deportes e no Anexo dos Remedios.
Os dous primeiros galegos masculinos e o primeiro feminino xogarán as semifinais en Ourense, mentres que o terceiro masculino viaxará a Sant Cugat e segundo feminino fará o propio a terras gaditanas, para xogar a semifinal nacional en San Fernando.