O pasado sábado, o campo de Mariñamansa (Ourense), acollía o Campionato Galego de Hóckey Herba Prebenjamín e Benjamín, Xunta de Galicia.
No campionato dos máis perqueniños todos terminaron campións galegos: C.H. Albor, Albor 1981, CSA Ourense e C.H. Barrocás.
No torneo de Benxamínsnes, tras os partidos desta xornada final, o C.H. Albor alzouse co título de Campión Gallego. Mentres que o segundo lugar quedaba para o CSA Ourense, o terceiro para o Escola H.C. de Coruña e o 4º posto para o C.H. Barrocás.
Unha xornada chea de bo ambiente, deportividade e moito moito hóckey.