Bo día.
Unha vez mais, e dada a importancia das coberturas do seguro GRATUITO XOGADE DE 6 A 16 ANOS, e indicando as federacións deportivas que se colgue toda a información sobre o mesmo, para estar o tanto tódalas entidades deportivas que o utilizan mais os pais e nais dos xogadores e xogadoras que están adheridos a dito seguro pola entidade deportiva que os subscribe, a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Hockei comunican:
Ata o día 11 de setembro non se fará o cambio de tempada en Xogade.
As entidades deben comprobar que teñen a tódolos deportistas correctamente inscritos no momento de tramitar a licenza federativa ( respetando o prazo de cada federación) , con todos os datos, insistindo unha vez máis na importancia do coñecemento por parte de tódolos usuarios (non só técnicos senón tamén as familias dos deportistas) do protocolo do seguro e de que teñen toda a información en aberto na aplicación de Xogade.
Recordade como dato moi importante a coñecer polas entidades deportivas e as familias que o SEGURO XOGADE DE 6 A 16 ANOS , NON É VÁLIDO SEN LICENZA FEDERATIVA EN VIGOR, E SO TEN COBERTURA PARA COMPETICIÓNS OFICIAIS DA FEDERACIÓN GALEGA DE HOCKEI, NESTE CASO.
Toda a información sobre os protocólos e coberturas pode ser consultada dentro de Competición -> Documentación na páxina web desta federación.
Un saúdo.