Honroso 7º posto no Nacional de Hockey Sala Xuvenil para o Escola HC

A pasada fin de semana disputouse na Coruña o Campionato de España Xuvenil Masculino de Hóckey Sala

A representación galega correu ao cargo do Escola H.C. que ademáis actuaba como anfitrión. 

Os nosos mozos finalizaron a súa participación neste Xampionato de España cunha vitoria fronte ao Alcalá de Xaén e lograron así o sétimo posto. 

Clasificación Final:

1⁰ Egara Terrassa

2⁰ Club de Campo Madrid 

3⁰ At.Terrassa

4⁰ C.D Terrassa

5⁰ Junior San Cugat 

6⁰ Tenis Santander 

7⁰ Escola A Coruña 

8⁰ Alcalá Xaén

Moitas grazas a tod@s os clubs participantes, oficiais técnicos, institucións, patrocinadores e público por estes días do mellor hóckey sala nacional na Coruña.

 

 

 

 

 

 

 

Publicado en Noticias.