A Federación Galega de Hockey (FGH) e o Centro de Tecnificación de Galicia (CeTeGa), segundo o programa presentado pola Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, presentamos esta actividade dentro do Plan Corresponsables Hockey 2023 para a realización de actividades de animación socio deportiva. Unha acción realizada por Saudeter en colaboración coa FGH.
LUGAR: Campo de Hóckey de Mariñamansa (Ourense).
DIRIXIDO A:
Nenos/as, escolarizados nun centro da comunidade escolar de Galicia e residentes na mesma, de idades comprendidas entre os 5 e os 16 anos, (ambos inclusive), no momento da realización da inscrición.
PREZO: Gratuito.
** Fianza de 25 € que será devolta unha vez finalizada a quenda, e sempre que se cumpra un mínimo de asistencia do 70%, é dicir acudir a un mínimo de 7 días do programa.
ACTIVIDADES:
O programa de actividades inclúe actividades socio – deportivas con carácter lúdico, nas que, ademáis do hockey se inclúen actividades: Fútbol,, Badmintón, Golf, Volei, Xogos tradicionais, Xogo desenchuflables, Xogos interactivos, Inchables, Gincanas deportivas e competitivas, Talleres variados e Circuito de educación vial.
Avituallamento: @s nen@s terán a súa disposición cada día, agua e fruta.
DATAS: do 16 de agosto ao 8 de setembro.
● 1ª Quenda: de luns a venres de 08:30 a 13:30h.
● 2ª Quenda: de luns a venres de 09:30 a 13:30h.
● 3ª Quenda: de luns a venres de 09:30 a 14:00h.
INSCRICIÓNS: prazas limitadas, r, na seguinte ligazón