O pasado sábado máis de 100 nenos e nenas da Coruña participaron na Hóckey Experience que se celebrou na chaira do Palacio dos Deportes de Riazor da Coruña.
Unha xornada que se desenvolveu desde as 10 da mañá ata as 6 da tarde, na que os máis novos puideron achegarse para coñecer o noso deporte dunha forma moi divertida e coa presenza de Redy, a mascota do hóckey español.
O Concelleiro de Deportes de Coruña, Manuel José Vázquez, e o Presidente da Federación Galega de Hóckey, Roberto Baratta, non quixeron perderse esta cita.
Para o éxito deste evento, organizado conxuntamente polas federacións española e galega, foi imprescindible a colaboración dos clubs de Coruña, a do Concello da Coruña e o patrocinio de Autocares Fondo.