Escola Galega de Adestradores – EGA

Nace a Escola Galega de Adestradores (EGA) como órgano básico integrado no Centro de Tecnificación de Galicia (CeTeGa) da Federación Galega de Hockey.

Terá a misión de coordinar, programar e desenvolver as ensinanzas relacionadas coa formación, capacitación e perfeccionamento de adestradores nos distintos niveis instrutivos. Xestionar e custodiar, no ámbito autonómico, os requisitos, programas e convocatorias de formación, así como o rexistro de titulacións de adestradores que podan establecer as normas e recomendacións da REFH, Federación Europea e Federación Internacional de Hockey, así como o Goberno de España e a Xunta de Galicia nas súas competencias.

A EGA actuará en coordinación coa Escola Nacional de Adestradores da RFEH, coas institucións docentes con recoñecemento académico oficial o por medio de convenios con Entidades en materias paralelas as recollidas nos planes de estudios.

¿Que é a EGA?

Comisión Xestora.

Publicado en Noticias.