Esta fin de semana disputouse a Final 4 da Copa Galicia 2025 de Hóckey Herba absoluta Masculina e Feminina Xunta de Galicia. Unha cita á que se clasificaron soamente os 4 mellores equipos da liga regular.
En categoría masculina o CSA Ourense alzábase coa copa na final ante o OurenSticks, logrando así o seu terceiro título e quedándose o trofeo en propiedade. O resto da táboa completárono o Escola H.C. (3º) e o Cidade de Ourense (4º).
Mentres, en categoría feminina, as mozas do OurenSticks impuxéronse na final disputada contra o Atlántico H.C. A terceira posición foi para o Athlétic Coruña e a cuarta para Villar Ourense.
Na entrega de premios tivemos a oportunidade de contar coa presenza de Jorge Pumar, deputado provincial, en representación da Deputación de Ourense e do presidente da FGH, Roberto Baratta.
Durante a cerimonia foron entregados os premios aos máximos goleadores das ligas regulares. En categoría masculina produciuse un empate e o premio foi compartido cun empate a 10 tantos entre David Aguiar do CSA Ourense e Alejandro Domínguez do Cidade Ourense. No caso da categoría feminina a máxima goleadora da liga regular foi Uxía Muñoz do Ourensticks.
Galicia é hóckey!!! Cada vez máis!!!